14 may 2015

Experimento social: secuestro de nenos ou nenas

A continuación poderedes ver un experimento social sobre o secuestro de nenos ou nenas. É aplicable a todos os ámbitos da vida diaria, por iso queremos que nos sirva de exemplo á hora de tomar as medidas precisas para que os nosos fillos naveguen con seguridade na rede, evitando así que caian en enganos ou se comuniquen con persoas que non coñecen.

Dende o Equipo de Novas Tecnoloxías, sacamos o concurso do mes de maio en relación a este tema. Tentamos que o noso alumnado sexa consciente dos perigos que pode atopar en internet e de que, ademais, faga un uso responsable das redes sociais.

Está nas mans de todos educar na responsabilidade, no respecto e no bo uso das novas tecnoloxías.


Gañadores do Recuncho TIC do mes de abril

Os gañadores do Recuncho TIC do mes de abril son:



Belén Fernández Rodriguez – 6ºB
Elena Paz Illán- 6ºB
Flavia Pellón Torres – 6ºB
Iria Iglesias – 6ºB
Pablo Míguez – 6ºB
Claudia García Salgado – 6ºB
Lara LópezVieitez – 6ºB
Ainhoa Pérez Covelo – 6ºB
Chantal – 6ºC
Lucía – 6ºC

As respostas correctas son:


1. Youtube
2. Arroba
3. Google Chrome
4. RSS
5.Twitter
6. Blogger
7. Google+
8. Facebook

Noraboa!!!!!Animádevos a seguir participando.

4 may 2015

Matific, actividades matemáticas online

Matific é unha plataforma que nos proporciona actividades online de matemáticas para todos os cursos, dende Infantil ata Primaria.

Tamén nos dá a posibilidade de descargar a App para Android ou para iPad.