16 abr 2020

Formación para profesorado

A páxina de formación do INTEF ten cursos en aberto para toda a comunidade educativa.
Entra e experimenta!


25 feb 2018

Robótica en Primaria

Dende hai varios cursos, dende o Equipo de Novas Tecnoloxías do Centro, estamos impartindo robótica na Etapa de Educación infantil.

Neste curso, comezamos a dar un obradoiro de Robótica cooperativa para toda a Primaria.


Contamos con dous tipos de robots para este obradoiro.

1. Robot para 1º e 2º de Educación Primaria.

Con el practicamos contidos do currículo. Por exemplo os planetas: cada equipo ten unha adiviña para saber a que lugar do panel ten que ir. Programa o robot no dispositivo móbil ou no mesmo robot e a viaxar coma un astronauta ata o planeta que nos tocou visitar.



2. Robot para 3º, 4º, 5º e 6º.

Neste caso o robot é de Lego. A propia aplicación propón diferentes robots que podemos montar como produto final.






Tomar decisións en equipo, axudarse cando non atopamos a solución, pensamento creativo, desenvolver a lóxica... son algúns dos obxectivos que perseguimos con estes obradoiros.




4 may 2017

Mural con flores secas

Boas!

Xa temos novo concurso de hábitos saudables.

O concurso de maio consiste en facer un mural de flores secas: recolle do campo flores pequenas, sécaas e sobre unha cartolina ou folio branco elabora a túa composición ou debuxo; faille unha foto e envíaa. Como máximo pode ocupar 2Mb.

Temos ata final de maio para participar, anímate!!! Poderás gañar unha táboa de bodyboard máis un mandil e un libro para facer dos teus almorzos unha fonte de enerxía.


Envía a túa foto ao mail habitos.saludables.remedios@gmail.com


8 mar 2017

Vídeo do noso deporte favorito

Boas!

Xa temos novo concurso de hábitos saudables.

O concurso de marzo consiste en grabar un vídeo facendo deporte: graba un vídeo facendo o teu deporte favorito, só ou en familia, cos teus amigos... explicando brevemente por que che gusta tanto. Como máximo pode ocupar 30Mb.

Temos ata final de marzo para participar, anímate!!! Poderás gañar unha licuadora, tostadora, delantal e libro para facer dos teus almorzos unha fonte de enerxía.


Envía o teu vídeo ao mail habitos.saludables.remedios@gmail.com


9 feb 2017

Recuncho TIC febreiro


medalleiro do mes de xaneiro


Participantes no concurso de bonecos saudables

Boas, aquí tedes aos participantes no concurso de creación de bonecos saudables, construídos con alimentos. Estamos á espera de que nos comuniquen se algún resultou premiado no concurso (que é a nivel nacional).
Moitas grazas pola implicación e participación.
En breve colgaremos un novo concurso para o mes de febreiro/marzo, estade atentos/as!!!


24 ene 2017

Construimos bonecos con alimentos


Boas!

Imos participar nun novo concurso de hábitos saudables, para elo xa creamos o noso pasaporte saudable.

O concurso de xaneiro consiste na elaboración de bonecos con alimentos: froitas, ovos, friames... todo o que a nosa imaxinación sexa capaz de crear. Aquí vos quedan unhas ideas ;-)


Temos ata final de mes para participar, anímate!!!


Envía as túas imaxes á dirección: habitos.saludables.remedios@gmail.com

29 may 2016

Os monstruíños de infantil

Os monstruíños de infantil, é un proxecto no que, traballando con tablets, perseguimos os seguintes obxectivos:

1. Experimentar con aplicacións educativas: tangrams, creacións musicais, debuxo...
2. Descubrir a posibilidade de crear formas con figuras xeométricas.
3. Desenvolver a súa creatividade e imaxinación.
4. Fomentar a capacidade de aprender por si mesmos.
5. Explorar a combinación de liñas e cores para obter un resultado final: o montruíño.
6. Usar o teclado para escribir o seu nome.

O proceso que seguimos foi:

1. Facer Tangrams para experimentar coas diferentes formas xeométricas.

2. Crear unha canción das figuras xeométricas coa aplicación Musyc.

3. Elaborar mosaicos coa app Mosaico de botones.

4. Experimentar co debuxo libre de figuras xeométricas coa app Smartboard.

5. Debuxar o seu propio monstruíño e asinar co nome do autor coa app PicsArt.


OS MONSTRUÍÑOS DE 3 ANOS A

/>

OS MONSTRUÍÑOS DE 3 ANOS B




OS MONSTRUÍÑOS DE 4 ANOS A




OS MONSTRUÍÑOS DE 4 ANOS B




OS MONSTRUÍÑOS DE 5 ANOS A



OS MONSTRUÍÑOS DE 5 ANOS B


8 mar 2016

Gañadora do premio da mascota TIC

Aquí temos a Alejandra Soto Porto recollendo os magníficos auriculares que gañou no concurso da nosa mascota TIC.

Na foto tamén podemos ver a @rrobita, que a partir de agora vai ser a nosa compañeira inseparable.



12 feb 2016

Concurso mascota

Pois unha vez revisados todos os traballos que nos presentastes para a mascota das TIC, xa temos lista de FINALISTAS:

Uxía Lavandeira Alejandro 1ºB
Daniela Pequeño Candeira 1ºC
Sofía Fernández Martínez 2ºA
Mario López Sampedro 2ºB
Martín Veiga Carrera 2ºB
Martín Castro Piña 4ºA
Daniel Corral Mouriño 5ºC
Alejandra Soto Porto 5ºC
Lucía Turrado González 6ºB

E a mascota gañadora é.... @rrobita!!! Deseñada por Alejandra Soto Porto.

Convidámosvos a visitala na exposición que fixemos fronte ao recuncho TIC
Graciñas a tod@s pola vosa participación!
Xa podemos dicir que temos mascota para o futuro :-)

12 ene 2016

Resolución de problemas


CONCURSO TIC Xaneiro


Neste mes de xaneiro pedimos que investiguedes sobre  as aplicacións máis habituais que podemos empregar para realizar diferentes actividades cos nosos ordenadores!!!

Non esquezades que a informática permite facer moitas cousas que ignoramos!!!
Pescudade sobre outras apliacións ou programas que podemos utilizar para realizar máis actividades.

CONCURSO TIC


Para proclamarte gañador/a do concurso deste mes, has de ser quen de respostar correctamente e dicir que aplicación empregarias para realizar as seguintes actividades; lembra as normas do concurso, así como escribir con letra ben clara. 

MOITA SORTE!

  1. Escribir unha carta a un amigo que vive lonxe.
  2. Elaborar un álbum coas fotos da túa festa de aniversario.
  3. Manter unha conversa telefónica a través do ordenador.
  4. Consultar mapas.
  5. Compartir conversas cos teus amigos.
  6. Navegar pola internet.
  7. Buscar información interesante na internet.
  8. Gardar os teus traballos no teu ordenador para poder consultalos depois en calquera equipo.
Animámosvos a buscar novas aplicacións para as vosas actividades.

23 dic 2015

Concurso mascota

No equipo de Novas Tecnoloxías estamos a buscar mascota, por iso imos crear este CONCURSO no que queremos darvos a todos e todas a oportunidade de crear a mascota que máis vos guste relacionada coas novas tecnoloxías.
Trátase dun concurso libre; a mascota pode vir feita a man utilizando a técnica que máis vos guste; pode vir deseñada con ordenador; pode facerse a partir de materiais de refugallo...
A data límite para entregar as vosas creacións será o venres 15 de xaneiro, e ao longo da seguinte semana decidiremos a mascota gañadora, que por suposto levará un agasallo como premio.

Animámosvos a todos e todas a participar!