Aplicacións on-line para traballar o corpo humano, as súas partes, os músculos, os ósos...
Mostrando entradas con la etiqueta Aplicacións educativas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aplicacións educativas. Mostrar todas las entradas
2 nov 2015
12 oct 2015
85 sitios nos que atopar App educativas
No Blog Crea y aprende con Laura, podemos atopar unha listaxe de lugares nos que buscar App de uso educativo.
Clases de informática
Estes días
comezamos coas clases de informática por parte do Equipo TIC do
colexio.
En Primaria, o
obxectivo é fornecer ao alumnado das ferramentas necesarias para que se poidan
desenvolver con soltura no uso das Novas Tecnoloxías aplicadas á educación:
partes dun ordenador, Linux,
LibreOffice, ler e escribir, debuxar, crear presentacións…
En Infantil, traballamos
coas tablets. Como tarefa, imos crear monstruíños. A través de diversas aplicacións,
xogaremos coas figuras xeométricas, aumentando a dificultade sesión a sesión, ata que ao final sexan capaces de crear eles
mesmos os seus propios personaxes.
3 mar 2015
Pancho y su máquina de hacer cuentos
Con este programa podedes crear contos on-line co voso alumnado seguindo estes sinxelos pasos:
- Elixir un escenario.
- Engadir personaxes e música.
- Escribir a historia.
Etiquetas:
1º,
2º,
3º,
4º,
5º,
6º,
Aplicacións educativas,
comprensión lectora,
contos,
Inglés,
Lengua,
Lingua
Envía arquivos de ata 2 GB con Wetransfer
Wetransfer é unha ferramenta gratuíta que nos permite enviar arquivos de ata 2 GB de capacidade.
Non hai que rexistrarse, só hai que seguir estes 5 sinxelos pasos:
1. Subir o arquivo.
2. Poñer o e-mail do destinatario.
3. Poñer o teu e-mail.
4. Escribir un comentario.
5. Pinchar en transferencia.
Non hai que rexistrarse, só hai que seguir estes 5 sinxelos pasos:
1. Subir o arquivo.
2. Poñer o e-mail do destinatario.
3. Poñer o teu e-mail.
4. Escribir un comentario.
5. Pinchar en transferencia.
Pinchar na imaxe para acceder á páxina.
Presentacións con Prezi
Prezi é unha ferramenta innnovadora que che permite axudar a organizar e compartir as túas presentacións dun xeito moi visual.
Clicando na imaxe podedes acceder á páxina principal. Temos que rexistrarnos de xeito gratuíto para poder comezar a traballar.
Un exemplo.
Crea comics on-line con Pixton
Pixton é unha ferramenta que nos permite crear cómics empregando gran variedade de fondos, personaxes, obxectos decorativos...
Pixton tamén nos permite subir as nosas propias imaxes e modificalas engadindo bocadillos.
Para comezar a empregar Pixton temos que rexistrarnos. Unha vez que xa temos conta podemos comezar a traballar dende a páxina "crear".
Pixton tamén nos permite subir as nosas propias imaxes e modificalas engadindo bocadillos.
Para comezar a empregar Pixton temos que rexistrarnos. Unha vez que xa temos conta podemos comezar a traballar dende a páxina "crear".
Clicar na imaxe para acceder ao recurso.
Proxecto #Guappis
O Proxecto #Guappis é unha ferramenta para traballar na aula a través das aplicacións para móbiles e tablets.
É un traballo colaborativo levado a cabo por diferentes profesionais do mundo da educación, entre os que se atopan especialistas en distintas materias e en distintas etapas educativas.
Os obxectivos que pretenden acadar coa implantación e difusión deste proxecto son:
- Incorporar os dispositivos móbiles aos procesos de ensino-aprendizaxe.
- Mellorar a comprensión e a expresión tanto oral coma escrita do alumnado.
- Aprender a empregar algunhas ferrametas que nos axudarán a xestionar a aula como docentes.
- Fomentar a creatividade do alumnado.
- Traballar as diferentes competencias básicas a través de ferramentas e aplicacións que se poden empregar nas diversas áreas curriculares.
- Traballar aspectos do currículo oculto como a autonomía e a autoestima do alumnado.
- Potenciar a participación e a interacción entre o alumnado.
Organizar os favoritos: Symbaloo
Symbaloo é unha ferramenta que nos permite crear un escritorio virtual e, así, poder acceder aos nosos favoritos en calquera ordenador.
Para acceder a Symbaloo por primeira vez, require que nos rexistremos de xeito gratuíto. Funciona coma unha conta de correo electrónico, creando unha conta de usuario e contrasinal.
Para ir á páxina oficial de Symbaloo pinchade na fotografía.
Para ver exemplos de Symbaloo creadas por docentes e con aplicacón na aula, pinchade nos debuxos.
Para acceder a Symbaloo por primeira vez, require que nos rexistremos de xeito gratuíto. Funciona coma unha conta de correo electrónico, creando unha conta de usuario e contrasinal.
Para ir á páxina oficial de Symbaloo pinchade na fotografía.
Para ver exemplos de Symbaloo creadas por docentes e con aplicacón na aula, pinchade nos debuxos.
- Sobre dragóns para infantil.
- Sobre prehistoria.
- Sobre xogos e recursos musicais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










.jpg)




.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)