O Proxecto #Guappis é unha ferramenta para traballar na aula a través das aplicacións para móbiles e tablets.
É un traballo colaborativo levado a cabo por diferentes profesionais do mundo da educación, entre os que se atopan especialistas en distintas materias e en distintas etapas educativas.
Os obxectivos que pretenden acadar coa implantación e difusión deste proxecto son:
- Incorporar os dispositivos móbiles aos procesos de ensino-aprendizaxe.
- Mellorar a comprensión e a expresión tanto oral coma escrita do alumnado.
- Aprender a empregar algunhas ferrametas que nos axudarán a xestionar a aula como docentes.
- Fomentar a creatividade do alumnado.
- Traballar as diferentes competencias básicas a través de ferramentas e aplicacións que se poden empregar nas diversas áreas curriculares.
- Traballar aspectos do currículo oculto como a autonomía e a autoestima do alumnado.
- Potenciar a participación e a interacción entre o alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario