14 may 2015

Experimento social: secuestro de nenos ou nenas

A continuación poderedes ver un experimento social sobre o secuestro de nenos ou nenas. É aplicable a todos os ámbitos da vida diaria, por iso queremos que nos sirva de exemplo á hora de tomar as medidas precisas para que os nosos fillos naveguen con seguridade na rede, evitando así que caian en enganos ou se comuniquen con persoas que non coñecen.

Dende o Equipo de Novas Tecnoloxías, sacamos o concurso do mes de maio en relación a este tema. Tentamos que o noso alumnado sexa consciente dos perigos que pode atopar en internet e de que, ademais, faga un uso responsable das redes sociais.

Está nas mans de todos educar na responsabilidade, no respecto e no bo uso das novas tecnoloxías.


No hay comentarios:

Publicar un comentario