Para lograr un eficaz desenvolvemento da nosa intelixencia é moi importante activar a nosa mente. O cálculo mental, a habilidade á hora de solucionar problemas, a orientación, a memoria, a atención... son capacidades que nos van facer máis competentes na nosa vida diaria e que se perfeccionan con entrenamento.
É por iso, que imos comezar unha nova sección neste blog, Activa a túa mente, na que iremos poñendo aplicacións para dispositivos móbiles, actividades on-line e consellos para as familias que favorezan a estimulación cognitiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario